Gracias polos comentarios ás entradas, en xeral non están nada mal. Algún, incluso sorprendente. De todos xeitos isto de un blog e pouco democrático pois é o profesor ó que leva a iniciativa de facer entradas e as vosas aportacións limítanse a comentarios ás mesmas.
Para evitar isto acabamos de crear un foro no que todos poidamos facer as entradas que consideremos necesarias.
Nesta fotomontaxe podedes observar na liña superior imáxenes actuais da Manga do Mar Menor, en Murcia, en nas liñas de abaixo un fotomontaxe feito por Greenpeace, de eses mesmos lugares nun hipotético futuro de seguir co actual ritmo de emisións contaminantes e aumento das temperaturas
Botando unha ollada ós periódicos podemos atopar distintas noticias relacionadas co desenvolvemento sostible e o cambio climático que nos poden facer reflexionar sobre a situación actual do mundo e a gravedade dos problemas medioambientais.
Con ánimo de concienciar á poboación, algunhas das principais axencias de publicidade do noso país participaron no certame "Un anuncio incómodo" desenrolando vídeos dun minuto de duración no que imaxinan o mundo dentro de vinte anos.
Comenza a andar o blog da materia de Economía de primeiro de bacharelato do IES de Melide. Dende o mesmo terémosvos ó día sobre cuestións relacionadas ca materia, información de interese sobre a marcha da mesma, vínculos, artigos, etc. Temos a idea de que este blog guie as vosas pesquisas en Internet en relación ca materia de Economía e vos sirva como forma de achegaros ás novas tecnoloxías