miércoles, 12 de diciembre de 2007

Nuevo sitio sobre cuestións medioambientais


Joaquín Nieto é un coñecido membro de CC.OO. experto en cuestións medioambientais.

Na sección de medio ambiente de este sindicato podedes atopar moita información sobre cuestións medioambientais relacionadas ca economía e a empresa.

miércoles, 28 de noviembre de 2007

Creación dun foro de economía

Gracias polos comentarios ás entradas, en xeral non están nada mal. Algún, incluso sorprendente. De todos xeitos isto de un blog e pouco democrático pois é o profesor ó que leva a iniciativa de facer entradas e as vosas aportacións limítanse a comentarios ás mesmas.

Para evitar isto acabamos de crear un foro no que todos poidamos facer as entradas que consideremos necesarias.

Foro de Economía do IES de Melide

Tamén está xa na rede a presentación do tema 4

jueves, 15 de noviembre de 2007

A sostenibilidade nos xornais


Nesta fotomontaxe podedes observar na liña superior imáxenes actuais da Manga do Mar Menor, en Murcia, en nas liñas de abaixo un fotomontaxe feito por Greenpeace, de eses mesmos lugares nun hipotético futuro de seguir co actual ritmo de emisións contaminantes e aumento das temperaturas

Botando unha ollada ós periódicos podemos atopar distintas noticias relacionadas co desenvolvemento sostible e o cambio climático que nos poden facer reflexionar sobre a situación actual do mundo e a gravedade dos problemas medioambientais.

Aquí tedes algúns sobre o cambio climático, o desenvolvemento sostible, enerxías renovables, etc.

miércoles, 7 de noviembre de 2007

Un anuncio incómodo

Con ánimo de concienciar á poboación, algunhas das principais axencias de publicidade do noso país participaron no certame "Un anuncio incómodo" desenrolando vídeos dun minuto de duración no que imaxinan o mundo dentro de vinte anos.

Eiquí podes atopar unha escolma dos mesmos:

Un anuncio incómodo:



Todo puede cambiar



Informe Secarral





¿Qué che parece?

Presentacións

Aquí poderedes atopar as presentacións efectuadas na clase do tema 1, tema 2 e tema 3

Estamos de estrena

Comenza a andar o blog da materia de Economía de primeiro de bacharelato do IES de Melide. Dende o mesmo terémosvos ó día sobre cuestións relacionadas ca materia, información de interese sobre a marcha da mesma, vínculos, artigos, etc.
Temos a idea de que este blog guie as vosas pesquisas en Internet en relación ca materia de Economía e vos sirva como forma de achegaros ás novas tecnoloxías