sábado, 17 de enero de 2009

Pese a crise todavía se pode atopar traballo...


Por fin parece que todos, incluído o goberno, asumimos que estamos en crise. En recesión (decrecemento do PIB). Á hora de decidir o que imos facer co noso futuro compre ter en conta as posibles saídas profesionais das nosas opcións. De todos xeitos, tamén hai que considerar os nosos gustos e preferencias.

Neste artigo de El País poderedes atopar información sobre cales son os sectores e ocupacións que os expertos consideran mais resistentes á crise.

Se de todos xeitos non estades dispostos a renunciar á vosa vocación por atopar traballo ou considerades que as vosas aficións non son facilmente compatibles co mercado laboral, aconséllovos que lle botedes unha ollada ao libro "El Arte de Inventarse Profesiones: Destacar en un mundo laboral en crisis" que podedes atopar na biblioteca do centro.