sábado, 17 de enero de 2009

Pese a crise todavía se pode atopar traballo...


Por fin parece que todos, incluído o goberno, asumimos que estamos en crise. En recesión (decrecemento do PIB). Á hora de decidir o que imos facer co noso futuro compre ter en conta as posibles saídas profesionais das nosas opcións. De todos xeitos, tamén hai que considerar os nosos gustos e preferencias.

Neste artigo de El País poderedes atopar información sobre cales son os sectores e ocupacións que os expertos consideran mais resistentes á crise.

Se de todos xeitos non estades dispostos a renunciar á vosa vocación por atopar traballo ou considerades que as vosas aficións non son facilmente compatibles co mercado laboral, aconséllovos que lle botedes unha ollada ao libro "El Arte de Inventarse Profesiones: Destacar en un mundo laboral en crisis" que podedes atopar na biblioteca do centro.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Hola!
Son Iris.
Se esa predicción de Adecco chegan a cumprirse, eu estaría no medio independientemente de escoller a opción que escolla, pois ambas que me gustaría facer nun futuro, comunicación audiovisual ou relación públicas e publicidade, non se citan en ningún dos aspectos citados no artigo do país, pero tamén nese aspecto, paréceme que esta última tería máis saída comercial, polo tema do marketing e empresas que intentan atopar a mellor maneira de atraer en tempos de crise a clientela. Pero tamén temos que ter en conta que en 3 anos ou máis que nos leve facer a carreira ou o grado (coa implantación do plan bolonia...) o panorama actual económico podería cambiar...
E esta é a miña opinión, é dicir, que penso seguir pensando nas mesmas opcións que teño decididas, a non ser que cambie por algún outro motivo.
Un saúdo.