lunes, 8 de diciembre de 2008

Orientación profesional

Entre os 14 e os 15 anos débese optar entre seguir estudiando bacharelato para acceder á universidade ou decantarse por un ciclo formativo e acceder ao mercado laboral. Despois, os que optaron polo bacharelato, aos 18 anos deben escoller unha carreira universitaria que marcará o seu futuro profesional.

Son decisións moi importantes que se toman nun momento da vida mais asociado á confusión e a inmadurez que á claridade e a responsabilidade.
¿Qué pesa mais á hora de tomar esas decisións? ¿As saídas profesionais? ¿A remuneración esperada? ¿A vocación?

Cada vez mais os xoves escollen os seus estudios guiados pola súa vocación. Neste proceso é importante atopar o camiño propio de cada un.

(Extractado de Negocios - El País, 07/12/08)

1 comentario:

Anónimo dijo...

Hola!
Son Iris.
Penso que ese tema é moi importante para todos nós, xa que nos incunve directamente.
A decisión de facer o bacharelato ten que saír dun mesmo, non que che obriguen na casa, penso qeu iso é o peor que poden facer os pais.
Creo que xa cando te metes a facer bacharelato, tes que ter unha idea aproximada do que che gustaría facer cando o remates, xa que estes 2 anos pasan rápidos.
Eu persoalmente, cara o que me gustaría estudiar unha vez rematada a carreira, no primeiro que me baseei foi na vocación, despois nas saídas profesionais e por último na remuneración esperada.
E que penso que non é lóxico traballar nalgún traballo a desgusto polo diñeiro obtido, pois co tempo creo que co tempo, polo meos eu, acabaría deixando ese traballo.
E sen máis que añadir, deixo aqui a miña opinión.
Un saúdo!