jueves, 11 de diciembre de 2008

Realidade ou ciencia ficción?

Salvará o coche eléctrico e as enerxías renovables á nosa sociedade?

As compañías eléctricas plantéxanse que o uso xeneralizado do coche eléctrico con baterías de litio (as mesmas que levan os móviles e a maioría de mp3) pódería servir como depósito para almacenar o exceso de enerxía eléctrica xerada polos parques eólicos en momentos de baixa demanda. É dicir, pola noite.

Na web de Rede Eléctrica Española podedes ver os gráficos de consumo de electricidade no noso país en tempo real, para facervos unha idea. Os niveles mais baixos, entre as 2:00 e as 5:00 da madrugada, precisamente nos momentos de maior producción da enerxía eólica.

(Adaptado de El País, 10/12/2008)

1 comentario:

Anónimo dijo...

Hola!
Son Iris.
Penso que este cambio nos coches pode chegar a ser importante para o desenrolo dun planeta menos contaminado e reducir así as emisións de gases que mandamos a atmósfera, ademais o de aproveitar os momentos de menor consumo de electricidade sería beneficioso, ademais de que sería máis cómodo e práctico que ter que ir repoñer a gasolinera e terse que desprazar, cando utilizando un coche eléctrico non habería que moverse da casa. Penso que é unha boa idea. Pero haberá que seguir investigando porque algún inconvinte tamén terá.
Un saúdo.