sábado, 17 de enero de 2009

Pese a crise todavía se pode atopar traballo...


Por fin parece que todos, incluído o goberno, asumimos que estamos en crise. En recesión (decrecemento do PIB). Á hora de decidir o que imos facer co noso futuro compre ter en conta as posibles saídas profesionais das nosas opcións. De todos xeitos, tamén hai que considerar os nosos gustos e preferencias.

Neste artigo de El País poderedes atopar información sobre cales son os sectores e ocupacións que os expertos consideran mais resistentes á crise.

Se de todos xeitos non estades dispostos a renunciar á vosa vocación por atopar traballo ou considerades que as vosas aficións non son facilmente compatibles co mercado laboral, aconséllovos que lle botedes unha ollada ao libro "El Arte de Inventarse Profesiones: Destacar en un mundo laboral en crisis" que podedes atopar na biblioteca do centro.

sábado, 13 de diciembre de 2008

A crise financeira: unha explicación ;)

Como sabedes estamos nunha crise de orixe financeiro. Neste vídeo explícanse as claves da mesma. Xa me contaredes.

jueves, 11 de diciembre de 2008

Realidade ou ciencia ficción?

Salvará o coche eléctrico e as enerxías renovables á nosa sociedade?

As compañías eléctricas plantéxanse que o uso xeneralizado do coche eléctrico con baterías de litio (as mesmas que levan os móviles e a maioría de mp3) pódería servir como depósito para almacenar o exceso de enerxía eléctrica xerada polos parques eólicos en momentos de baixa demanda. É dicir, pola noite.

Na web de Rede Eléctrica Española podedes ver os gráficos de consumo de electricidade no noso país en tempo real, para facervos unha idea. Os niveles mais baixos, entre as 2:00 e as 5:00 da madrugada, precisamente nos momentos de maior producción da enerxía eólica.

(Adaptado de El País, 10/12/2008)

lunes, 8 de diciembre de 2008

Orientación profesional

Entre os 14 e os 15 anos débese optar entre seguir estudiando bacharelato para acceder á universidade ou decantarse por un ciclo formativo e acceder ao mercado laboral. Despois, os que optaron polo bacharelato, aos 18 anos deben escoller unha carreira universitaria que marcará o seu futuro profesional.

Son decisións moi importantes que se toman nun momento da vida mais asociado á confusión e a inmadurez que á claridade e a responsabilidade.
¿Qué pesa mais á hora de tomar esas decisións? ¿As saídas profesionais? ¿A remuneración esperada? ¿A vocación?

Cada vez mais os xoves escollen os seus estudios guiados pola súa vocación. Neste proceso é importante atopar o camiño propio de cada un.

(Extractado de Negocios - El País, 07/12/08)

viernes, 5 de diciembre de 2008

Torpes sociales frente a torpes tecnológicas?


A catedrática de Economía Aplicada da Universidade Complutense de Madrid, Cecilia Castaño, nunha reseña publicada no diario El País, comentaba que eles son torpes sociais e elas torpes tecnolóxicas.

Esto último chamou moito a miña atención, pois ultimamente estábamos a comentar entre nos a modo de broma, a diferente actitude con respecto ás tic e a informática que percibíamos entre os homes e as mulleres.

O certo é que esta muller e o seu equipo de investigadores do Observatorio e-igualdad da universidade teñen investigado sobre o tema e parece ser que a raíz de dita diferencia radica na desigualdade educativa.

Nun artigo seu de fai unhos anos afirmaba que os motivos da mesma non obedecen a unha diferencia natural entre homes e mulleres, sino que "...son resultado da discriminación que se construe día a día na familia, na escola, nos medios de comunicación."

jueves, 4 de diciembre de 2008

Unha Botella = un Bolso

Cada vez mais as empresas recurren ao reciclaxe coma unha forma de atraer a potenciais consumidores. O feito de que un producto sexa elaborado a partir de material de desecho ou reciclado pódese convertir nun importante reclamo comercial.

¿Conciencia ecolóxica ou estratexia de marketing? Pois nen unha cousa nin a outra, se non todo o contrario.

(Extractado de El País, 02/12/2008)

viernes, 28 de noviembre de 2008

Como as industrias reinvéntanse para sobrevivir


Con motivo da crise moitas empresas ou sectores que xa tiñan problemas como o dos coches, periódicos ou libros, poderían ver acentuados os mesmos ou incluso chegar a desaparecer. Sin embaro a historia está chea de casos de empresas que ante o risco de desaparición conseguiron reinventarse de forma creativa.

Ainda que non hai unha resposta única nese proceso de resurección industrial, as empresas que o lograron teñen en común unha certa combinación de perseverancia, versatilidade, creatividade e sorte.

A televisión podería ter desplazado ao cine, pero a industria cinematográfica centrouse en facer películas mais grandes, mais espectaculares, mais ricas.

Cando o uso da bicicleta como medio de locomoción decaeu os empresario foron capaces de lograr que o seu emprego se asociase a actividades deportivas ou de ocio. Hoxe en día experimenta un novo tirón gracias ao auxe da sostenibilidade nos desprazamentos.

Algunhas empresas famosas teñen dado xiros mais improbables. Antes de fabricar teléfonos móviles Nokia facía papel. Antes de fabricar coches Toyota facía telares. Esta empresas sobreviron gracias a que se mantiñan ao tanto dos cambios no mercado e estaban dispostas a cambiar se o mercado así o esixía.
(Adaptado do suplemento The New York Times de El País, 27 de novembro)